Saltar ao contido

Clemente Antonio Fernández Sarela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaClemente Antonio Fernández Sarela
Biografía
Nacemento1716 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte1765 Editar o valor en Wikidata (48/49 anos)
Actividade
Ocupaciónarquitecto Editar o valor en Wikidata
Entrada ao recinto do mosteiro de Caaveiro coroada pola torre barroca obra de Fernández Sarela.

Clemente Antonio Fernández Sarela nado en Santiago de Compostela en 1716 e morto en 1765, foi un arquitecto barroco galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Francisco Fernández Sarela, mestre de arquitectura, o seu primeiro proxecto salientable foi a rehabilitación da porta da muralla de San Francisco, derrubada posteriormente no século XIX.

En 1744 traballou baixo as ordes de Fernando de Casas Novoa na fachada do Obradoiro da catedral santiaguesa. Foi aparellador das obras desta catedral con Lucas Ferro Caaveiro. Xunto con el, realizou as obras da sala capitular e o arquivo; tamén traballou na fachada da Acibechería.

Pazo de Fondevila.

Ocupouse da edificación e restauración das moitas casas que o cabido posuía en Santiago. Interveu na casa número 57 da Rúa Nova e na casa número 1 do Cantón de San Bieito. Pero onde verteu o seu xenio creador foi na Casa do Cabido. Aquí buscou dotar de beleza o contorno da Praza das Praterías. Utiliza espléndidas volutas, placas, pináculos e a emblemática vieira, así como unha rocalla no lintel da porta. A cornixa voada aparece tamén moi decorada, con gárgolas e balaustrada con pináculos. Obsérvase a influencia de Simón Rodríguez nos cilindros.

Obras súas son tamén o pazo de Bendaña en Santiago e o de pazo de Sistallo en Cospeito, o campanario do mosteiro de Caaveiro, tamén debedor de Simón Rodríguez, o pazo de Fondevila nas Casas Reais compostelás, e as primeiras obras no colexio da Compañía de María, concretamente a parte oriental do convento e a igrexa ata o cruceiro.

Faleceu en 1765 e foi soterrado na capela da Orde Terceira.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]